Acceso rápido
| 1 (1997) | 2 (1998) | 3 (1999) | 4 (2000) |
| 5 (2001) | 6 (2002) | 7 (2003) | 8 (2004) |
| 9 (2005) | 10 (2006) | 11 (2007) | 12 (2008) |
| 13 (2009) | 14 (2010) | 15 (2011) | 16 (2012) |
| 17 (2013) | 18 (2014) | 19 (2015) | 20 (2016) |
| 21 (2017) | 22 (2018) | 23 (2019) | 24 (2021) |
| 25 (2022) | 26 (2023) | 27 (2024) | 28 (2025) |
Relación detallada de números
- Revista CEDOFEITA. Número 1, outubro de 1997.

A emigración protagonizou unha exposición e un amplo artigo no número 1 da revista.
- Revista CEDOFEITA. Número 2, outubro de 1998.

Loxicamente, o mosteiro de Lérez sempre recibiu atención especial por parte da Asociación.
- Revista CEDOFEITA. Número 3, outubro de 1999.

Non podiamos esquecer, nin nas exposicións nin na revista, a riqueza arquitectónica da nosa parroquia.
- Revista CEDOFEITA. Número 4, outubro de 2000.

O río Lérez presenta paisaxes paradisíacas, en xeral pouco coñecidas.
- Revista CEDOFEITA. Número 5, outubro de 2001.

Tamén nos ocupamos de temas agrícolas, cunha serie de artigos sobre novos cultivos na parroquia.
- Revista CEDOFEITA. Número 6, outubro de 2002.

Non se podía ignorar este ano unha figura da magnitude do Padre Sarmiento.
- Revista CEDOFEITA. Número 7, outubro de 2003.

O evento máis destacado deste ano foi a recuperación para os veciños do Local Social.
- Revista CEDOFEITA. Número 8, outubro de 2004.

A arquitectura popular volve ser obxecto de estudo na nosa revista.
- Revista CEDOFEITA. Número 9, outubro de 2005.

A historia de Lérez predomina neste número da revista.
- Revista CEDOFEITA. Número 10, outubro de 2006.

Poesía, lendas e historia vertebran o presente número.
- Revista CEDOFEITA. Número 11, outubro de 2007.

Aspectos da historia de Lérez e de Galiza, deporte, poesía, educación e medio ambiente, entre outros, son os tratados neste número.
- Revista CEDOFEITA. Número 12, outubro de 2008.

Dende as orixes do imaxinario da escritora lerezá Fina Casalderrey ata unha ollada ás actividades realizadas ao longo do ano, pasando por unha diversidade de temas culturais, históricos, ambientais… teñen cabida nas páxinas deste número.
- Revista CEDOFEITA. Número 13, outubro de 2009.

Coa música a esta parte inicia unha variada mostra de artigos que tratan tanto aspectos históricos (Valentín Peña, documentación sobre Cedofeita, Casimiro Gómez, a intoxicación do metílico…), educativos (a experiencia de ler, a infancia e a publicidade, os problemas da conduta), entrevistas, medio ambiente, humor e outros máis.
- Revista CEDOFEITA. Número 14, outubro de 2010.

Este número consta dunha variada mostra de artigos: Cedofeita na Idade Media, a figura de Santiago cabaleiro, Florita, unha revista para nenas, a atención a altas capacidades, de conversa, o tinxido, bichos contra bichos, humor,etc.
- Revista CEDOFEITA. Número 15, novembro de 2011.

Este número contén diversos artigos sobre temas como as escolas e mestres de Lérez, a vía romana XIX ao seu paso por esta localidade, as peripecias dos voos de Garrnier na nosa capital, a problemática das persoas con autismo, humor, entrevista e moitos máis que se poden atopar no índice da mesma.
- Revista CEDOFEITA. Número 16, novembro de 2012.

Este número contén diversos artigos sobre temas como a iconografía dos cruceiros de Lérez, a tormenta do 15 de setembro, os gaiteiros do val do Lérez, a crónica da exposición anual, que nesta ocasión tratou do fútbol, e variadas colaboracións que se poden atopar no índice.
- Revista CEDOFEITA. Número 17, novembro de 2013.

Este número contén artigos de carácter histórico como unha pequena historia da loxa masónica do Burgo, unha aproximación á consagración episcopal en Lérez no ano 1113, os litixios sobre a Casa do Barón e o regreso do deus Vestio Alonieco; unha reportaxe sobre a última exposición «Enfiando a agulla», unha biografía do moinante Venerando, o descobrimento dunha nova especie de cogumelo na nosa parroquia, unha escolma de recitados infantís e moitos máis artigos que se poden atopar no índice.
- Revista CEDOFEITA. Número 18, novembro de 2014.

Este número contén artigos de carácter histórico (sobre a configuración histórica de Galicia, os sucesos de Salcedo, a figura de Manuel Barreiro Cabanelas…) de carácter ambiental (sobre o ENIL da xunqueira, a serra do Suído) entrevistas, as seccións habituais, poemas e moitos máis artigos que se poden atopar no índice.
- Revista CEDOFEITA. Número 19, novembro de 2015.

Este número contén artigos de carácter histórico (Quintiliano e o mosteiro de Lérez, aspectos económicos do mosteiro, o viño albariño e os conversos portugueses, enterros e prantos en Cangas, a xunqueira como aeródromo de Pontevedra, entre outros) de análise político (sobre a crise social na UE), de literatura e animación á lectura, a camelia e Pontevedra, a empresa Citröen, a saga ciclista dos Sánchez, entrevistas, as seccións habituais e moitos máis artigos que se poden atopar no índice.
- Revista CEDOFEITA. Número 20, agosto de 2016.

Neste número podemos atopar gran variedade de artigos, dende as seccións habituais ata artigos de carácter histórico (o abade Guntado fundador do mosteiro de Lérez), aspectos económicos do mosteiro, heráldica, toponimia, sobre os escritores Juan Bautista Andrade, Neira Vilas e Anisia Miranda, así como Manuel María, reflexións sobre a memoria e as lembranzas dos nosos avós, a emigración americana, as palletas e os pallóns, a historia do Pontevedra C.F., os ferreiros na arte e moitos máis artigos que se poden atopar no índice.
- Revista CEDOFEITA. Número 21, agosto de 2017.

O número 21 da revista contén, á parte das seccións habituais (Humor, Novos cultivos , actividades e entrevista), artigos con temática histórica, heráldica ou sobre os tranvías pontevedreses. Tamén podemos ler a historia da orquestra Poceiro e outros temas que podemos atopar no índice.
- Revista CEDOFEITA. Número 22, agosto de 2018.

Neste número segue a ter un papel de especial relevo o mosteiro de Lérez, concretamente o reflexo na arte e a descrición dun periodo convulso no s. XIX. Outro lugar de importancia ocúpano as artes, sexa a pintura, sexa a cerámica; tamén está presente a música, mais en relación cun suceso acontecido polo San Salvador de 1946. A revista contén outras contribucións, para alén das seccións habituais: novos cultivos en Lérez, De conversa, humor ou crónica de actividades de Cedofeita.
- Revista CEDOFEITA. Número 23, agosto de 2019.

O número 23 da revista presta destacada atención ó río Lérez: a pesca, as embarcacións, a presenza na memoria escrita da segunda metade do s. XIX e incluso o triángulo industrial de Pontevedra, polo estreito vínculo dalgunha desas entidades co río e coa ría. Ocupa un significativo número de páxinas a reportaxe sobre a exposición anual de Cedofeita, consagrada este ano ás festas populares.
Revista CEDOFEITA. Número 24, agosto de 2021.

O número 24 da revista repasa, en primeiro lugar, a exposición conmemorativa dos 25 anos de historia de Cedofeita (1995 – 2020). Acompáñase o percorrido do río Lérez, estúdase un milagre de San Bieito recollido polo Padre Feijóo e estúdanse contas do s. XIX do antigo concello de Alba. Hai tamén espazo para a música, a literatura e mais a historia (nenos da guerra, Díaz Pardo e Arias de Castro, Ufarte, etc.). Non podían faltar, é claro, as seccións habituais de heráldica, novos cultivos, de conversa, humor, e outros artigos.
Revista CEDOFEITA. Número 25, agosto de 2022.

O número 25 da revista comenta en profundidade a exposición Escenas nos camiños. Vías de comunicación de Lérez. Estúdase tamén a presenza de Lérez na obra de Xoán Manuel Pintos e mais a fecunda actividade literaria pontevedresa do s. XIX. Hai reportaxes sobre a industria da zona (curtidos e téxtil) e o patrimonio funerario (cemiterio de Lérez). Ademais doutras interesantes reportaxes, non faltan as seccións habituais de conversa, heráldica, humor e novos cultivos.
- Revista CEDOFEITA. Número 26, agosto de 2023.

O número 26 da revista examina a exposición sobre traballos e ocupacións tradicionais. Contén ademais, á parte das seccións habituais (Humor, Novos cultivos , actividades e entrevista), artigos con temática histórica, heráldica ou medios de transporte. Tamén se estuda en detalle a problemática da declaración de BIC do convento de Santa Clara.
- Revista CEDOFEITA. Número 27, agosto de 2024.

O número 27 da revista dá conta da exposición sobre o servizo militar e o servizo social feminino, á parte das seccións habituais (Humor, Novos cultivos, actividades e entrevista), artigos con temática histórica ou sobre personaxes e negocios lerezáns. Préstase tamén especial atención ó cemiterio de Lérez e ó conflito de Palestina
Revista CEDOFEITA. Número 28, agosto de 2025.

O número 28 da revista dá conta da exposición sobre a Caixa Rural de Lérez (que se pode consultar nesta páxina). Outros temas tratados son a intelixencia artificial, a educación inclusiva e escola democrática, a taberna do Carranco ou os costumes de Lérez recollidos por Casal y Lois. Obviamente, tamén están presentes as seccións habituais: Humor, novos cultivos, entrevista, relación de actividades, etc.