Presentación da asociación


A Asociación Socio-Cultural Cedofeita xorde no ano 1995 na parroquia pontevedresa de Lérez coa intención de dinamizar a vida cultural desa zona organizando conferencias, exposicións, charlas, obras de teatro, publicando unha revista,…

Para colaborar coa asociación, interesarse polas súas actividades ou para obter máis información sobre ela, pódese contactar coa dirección de correo acedofeita@yahoo.es.

Exposición no mosteiro de Lérez

A Asociación Socio-Cultural Cedofeita é unha entidade aberta, pluralista e sen ánimo de lucro que pretende contribuír á difusión da nosa cultura, polo que ó longo do ano realiza unha serie de actividades encamiñadas a ese fin. Ademais da desinteresada colaboración dos seus membros, estas actividades implican un custo económico importante. Se desexa colaborar con esta asociación ou facerse socio, pode contactar coa dirección arriba indicada; tamén pode facer o seu donativo na conta ES80 2080 5154 4430 4000 3373  de Abanca.

Exposición organizada no ano 2019

Permítese a libre reproducción das imaxes e textos citando a procedencia e, no caso de Internet, engadindo un enlace a esta páxina.